Novo curso, novo proxecto.
Este ano o proxecto do Cole é Física e Química.
O noso traballo na aula de Música consistirá en atopar todas as relacións posibles entre a música e as anteriores.
Xa estamos recollendo pareceres e crenzas.
xoves, 27 de setembro de 2018
xoves, 31 de maio de 2018
MÚSICA E ANIMAIS
E chegou o día do noso
I CONGRESO DO COLEXIO DE REBOREDA.
Premendo na imaxe viaxaredes a unha presentación virtual na que está todo o traballado durante este curso relativo ao noso tema, a relación entre MÚSICA E ANIMAIS.BOA VIAXE!!!
mércores, 30 de maio de 2018
Baño sonoro SORPRESA.
Aproveitando a celebración do
Soará máis ou menos así:
I CONGRESO DO COLEXIO DE REBOREDA,
o grupo de 3ºB vai estrear un baño sonoro que, nesta ocasión, non podemos desvelar...Soará máis ou menos así:
venres, 4 de maio de 2018
Baño sonoro de abril. Unha viaxe fóra e dentro da casa.
Este baño sonoro foi realizado por 4ºB.
É o baño sonoro máis teatral e inspirado nunha paisaxe sonora moi coñecida pola maioría de nós, A CASA, dentro e fóra dela.
Aparecen nel animais e sons domésticos, tamén algún dos animais libres que podemos escoitar dende o noso fogar...
Así foi

xoves, 1 de febreiro de 2018
Baño sonoro de xaneiro. Unha viaxe á sabana
Aquí tedes o rexistro en vídeo do último baño sonoro, o de xaneiro ofrecido por 4ºA
Sabemos que nada se compara con viaxar en vivo e en directo, pero así vos podedes facer unha idea.
Benvidos á sabana!!
Sabemos que nada se compara con viaxar en vivo e en directo, pero así vos podedes facer unha idea.
Benvidos á sabana!!
EXCELENTE TRABALLO 4ºA!!!
NORABOA!!!
luns, 22 de xaneiro de 2018
BIBLIOCONCERTOS. Baño sonoro de xaneiro
Comezamos o 2018 e esta paisaxe sonora é a que escoitaredes se asistides o póximo venres 26 de xaneiro ao Baño sonoro co que nos agasallarán @s compañeir@s de 4ºA.
Arriscádevos a dicir por onde viaxaremos?
Arriscádevos a dicir por onde viaxaremos?
domingo, 31 de decembro de 2017
Botei uma flor na janela
botei uma flor na janela
pra Iemanjá ver do mar
da lua olhando pra
ela
São Jorge vai abençoar
com a força que vem com as ondas
e os
raios que vêm do luar
encontro amor e alegria
pro ano que vai
começar
desejo pro ano que vem
tudo de bom e do bem
pra você e
para os seus
dê boas vindas aos sonhos
tristezas e mágoas, adeus
procure pelos bons caminhos
estradas de luz e de paz
a gente não tem
que ter muito
a gente precisa é SER mais
domingo, 24 de decembro de 2017
domingo, 3 de decembro de 2017
Baño sonoro de novembro. Unha viaxe a Hawaii
Para @s que non estivestes, aquí vos queda o vídeo deste baño sonoro realizado por 5ºA para @s nen@s de Infantil. As imaxes xa as poñedes vós coa vosa imaxinación.
Só dicirvos que investigando atopamos moitos sons característicos das illas de Hawaii, entre eles o do UKULELE e o da STEEL GUITAR.
Gozamos moito da experiencia!!!
E repetiremos con outra paisaxe sonora en xaneiro, á volta das vacacións de nadal.

NORABOA POLO TRABALLO, 5ºA!!!
martes, 21 de novembro de 2017
BIBLIOCONCERTOS. Baño sonoro de novembro
O próximo venres é o último de novembro, ou sexa que no recreo toca gozar dun Baño sonoro na aula de Psicomotriciade.
Esta vez @s artistas serán @s nen@s de 5ºA, e isto é máis ou menos o que escoitaredes.
Esta vez @s artistas serán @s nen@s de 5ºA, e isto é máis ou menos o que escoitaredes.
ARRISCÁDESVOS A DICIR DE QUE PAISAXE SE TRATA?
NON VOLO PERDADES!!!
ESPERÁMOSVOS
sábado, 18 de novembro de 2017
Gravamos cortinas musicais
Pepe "O mexillón" desafiounos a facer noticiarios relacionados cos animais en cada curso.
En 3ºB decidiron crear as súas propias Cortinas musicais para cada sección do noticiario.
Así foi como as gravamos na Aula de Música:
E AQUÍ tedes o noticiario completo.
Moitas grazas profe Lydia por propoñer este traballo, divertímonos moito facéndoo!!!

martes, 14 de novembro de 2017
ENSEMBLE REBORAINO
Este ano embarcámonos nunha nova aventura: formar unha agrupación con tod@s @s músic@s do cole que queiran participar.
O ENSEMBLE REBORAINO xa está ensaiando!!!
Esperamos que nos poidades escoitar pronto.
O ENSEMBLE REBORAINO xa está ensaiando!!!
Esperamos que nos poidades escoitar pronto.
venres, 10 de novembro de 2017
Baño sonoro
E así foi o baño sonoro que fixo 5º B para @s compañeir@s de Infantil.
Grazas Profe Rosa por recoller a experiencia en vídeo e compartila no voso blog!!!
Se premedes na imaxe ides directamenta á publicación.
Grazas Profe Rosa por recoller a experiencia en vídeo e compartila no voso blog!!!
Se premedes na imaxe ides directamenta á publicación.
domingo, 5 de novembro de 2017
IMPROVISA
Proba improvisar con esta combinación das animacións sonoras do IMPROVISA.
As ilustracións pertencen ao Acuario Xaponés de Cristina Casanova. E os sons, tamén editados por ela, ao álbum "Hapiness is stupid".
Preme na imaxe, agarda a que se carguen os arquivos....e a crear co teclado do ordenador!!!
Atoparás moitas outras combinacións se vas ao botón de IMPROVISA que está na columna da dereita.

xoves, 2 de novembro de 2017
Samaín Magosteiro
E así foi o martes o noso Samaín magosteiro. Ou Magosto samaineiro......?
Tanto ten. A cousa é que fixemos un conxuro para botar os medos fóra, vestimos atuendos pouco habiatuais, comemos castañas, pintamos a cara.....
ATA CANTAMOS E TOCAMOS A PANDEIRETA!!!
Tanto ten. A cousa é que fixemos un conxuro para botar os medos fóra, vestimos atuendos pouco habiatuais, comemos castañas, pintamos a cara.....
ATA CANTAMOS E TOCAMOS A PANDEIRETA!!!
martes, 31 de outubro de 2017
Día de Muertos
Este ano aínda non nos visitaron nin Pancho, nin a Bruxa, nin a CATRINA.....
Será porque co magosto ás portas non nos deu tempo a facer as flores de CEMPASÚCHIL, o PAPEL PICADO, as CALACAS...?
A ver se cando volvamos ao cole o xoves están esperando na aula de música.
Mentres, podemos volver a ver estas dúas curtametraxes marabillosas.

luns, 30 de outubro de 2017
Tanxarina. A galiña azul
O sábado pasado estiveron os nosos queridos TANXARINA no Auditorio de Redondela representando A GALIÑA AZUL, esa historia de Carlos Casares na que a protagonista nin canta nin loce como a bioloxía indica q debería facelo.
Xa sabedes, por moito que diga o determinismo xenético, sempre hai unha xaneliña para a liberdade de ser un mesm@.
O traballo dos actores, os bonecos, a música, a historia...
E por certo, se escoitades unha frauta nalgún momento da obra, que saibades que é a miña Anastasia.
Xa sabedes, por moito que diga o determinismo xenético, sempre hai unha xaneliña para a liberdade de ser un mesm@.
O traballo dos actores, os bonecos, a música, a historia...
INMELLORABLE!!!
SE AÍNDA NON GOZASTES DESTA MARABILLA, ESTADE ATENT@S Á PRÓXIMA REPRESENTACIÓN
E por certo, se escoitades unha frauta nalgún momento da obra, que saibades que é a miña Anastasia.
martes, 24 de outubro de 2017
Biblioconcertos. Baños sonoros
Este ano repetimos o formato dos Biblioconcertos do ano pasado, serán BAÑOS SONOROS.
Terán lugar na aula de psicomotricidade, haberá que entrar, tumbarse boca arriba, pechar os ollos e sentir a vibración con todo o corpo.
Estarán inspirados en paisaxes sonoras moi diversas, onde os sons animais estarán moi presentes dándonos pistas e axudándonos a mergullarnos na paisaxe.

ESTE VENRES 27 NO RECREO, O GRUPO DE 5ºB ESTARÁ LISTO PARA ACOLLERVOS NA AULA DE PSICOMOTRICIDADE.
QUEDADES CONVIDAD@S!!!
Escoitaredes algo parecido a isto:
Animais de aula. Miñoca
A MIÑOCA é o animal escollido por 5ºA.
Se pensades que é imposible escoitar o son das miñocas, ídesvos quedar tan sorprendidos coma min.
Outra cousa é que, co ruído que facemos os humanos, sexa doado escoitalas...
Animais de aula. Ourizo
O OURIZO é o animal de aula de 2ºB.
Aínda que pode parecer un animaliño moi tranquilo e silandeiro, o certo é que ten un repertorio moi variado de sons. Todo depende da ocasión e a función para a que utilice a súa voz.
Aquí parece que está "discutindo" cun amigo
Aquí está moi asustado no veterinario e solta un berrido tan forte que non parece que saia dese corpo tan pequeno.
Outro dos seus sons

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)