xoves, 24 de abril de 2014

Músicos e Veciños

A nosa contorna é tan rica e multicultural que ata temos nela un grupo de TANGO. Chámanse TANGATA e levan 26 anos regalándonos a súa música. E vos preguntaredes por que sendo o tango música do Río da Prata soa aquí, en Redondela.
A cousa é que Artigas Anelo, mestre do BANDONEÓN, é uruguaio; e Laura Quintillán, mestra de VIOLÍN, tamén.
Un día conquistaron aos mestres Alberto Vilas no PIANO, e a Gustavo Barcia no CONTRABAIXO coa beleza das súas melodías e aquí os temos…

¡¡¡Soando na música da alarma do cole!!! 

A peza que escoitamos é Decarísimo, do mestre compositor  Ástor Piazzola
Un verdadeiro luxo. Grazas.

4 comentarios:

  1. Moitas grazas a vós,especialmente a Isabel pola imprescindible laboura de difusión da música,polo magnífico traballo que sempre fai cos nenos e ca música,polo apoio ao noso traballo e polo grande amor á música!!
    Bicos e apertas para todas o todos!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas a ti e aos teus compañeir@s de TANGATA por agregar un color máis na acuarela sonora de REDONDELA.
    Noraboa polo traballo e pola traxectoria.

    ResponderEliminar
  3. me encanta escucharlo una y otra vez

    ResponderEliminar
  4. Arrieta, que gusto me da. Pois xa sabes!!!! Aquí o tes, e se queres escoitar máis pezas deles, non esquezas que teñen un CD que se chama xustamente "DECARÍSIMO"

    ResponderEliminar