mércores, 22 de abril de 2020

Percusión miúda galega. Piñas, culleres e cunchas.

A nosa percusión é moi variada, moi diversa e conta, entre outros obxectos, coas piñas (se colledes no monte que non sexan máis de dúas), as culleres que tod@s temos na casa, e as cunchas de vieira, que non son difíciles de conseguir. As piñas e as cunchas son instrumentos cos que nos agasalla a nai natureza, e as culleres de madeira, malia que hai que darlles forma, tamén!

As tres son idiófonos, é dicir: o elemento vibrante é todo o corpo do instrumento.

Imos lembrar un pouco como é a técnica básica para poder acompañar as nosas cancións.







1 comentario:

  1. Marcos acordase de tocar as piñas e as culleres na aula,a das culleres cantou na aula de Sandra de 6°A

    ResponderEliminar