Despois destes meses atípicos comezan as vacacións, e eu vouvos propoñer que aproveitedes un momentiño de cada día para:
BAILAR!!!
Xa sabemos todos os beneficios que aporta a danza ao noso corpo, mente e emoción:
- mellora a autoestima
- fomenta a creatividade
- fortalece o corazón
- pon a funcionar o "cuarteto da felicidade" (endorfina, dopamina, serotonina e oxitocina)
- deixa fluír as emocións dándolle unha saída corporal
- aumenta a enerxía
- favorece a expresión con liberdade
Bailade sen pensar, deixade que mande o corpo, pechade os ollos se podedes...
BAILADE COMA SE NINGUÉN VOS ESTIVESE MIRANDO!!!
GOZADE!!!
VÉMONOS EN SETEMBRO. BO VERÁN!!!