luns, 26 de setembro de 2022

POR QUE LLE CHAMAN A SÉTIMA ARTE?

Xa na antiga Grecia había unha lista de artes que tiñan cadansúa MUSA. Lembrades? AQUÍ tedes a entrada que fala diso.

No Renacemento (arredor do ano 1300) fórmase outra lista de belas artes:

1º A arquitectura

2º A escultura

3º A pintura

4º A música

5º A literatura e poesía

6º A danza 

Mais cara finais do século XIX nace o cine e Ricciotto Canudo -periodista, dramaturgo e crítico de cine-, no seu "Manifesto das sete artes", incorpórao e así lle chama.


O Manifesto foi publicado no 1911 e alí preséntase o cine como unha arte que incorpora, dalgún xeito, a todas as anteriores. Unha arte "en movemento" pero non en tempo real.



Ningún comentario:

Publicar un comentario