mércores, 8 de xaneiro de 2014

Rondalla "entre bastidores"

A pesar de que a palabra RONDALLA define formacións de instrumentos de corda, no sur da provincia de Pontevedra chámanse así as agrupacións de veciños que con instrumentos de vento e percusión percorren as parroquias nestas datas pedindo o aguinaldo.
Nós tivemos que construír algúns destes instrumentos, como os CRISTOS, as CASTAÑOLAS ou as CANAS.
Outros xa nolos regala feitos a natureza:
as PIÑAS, as CUNCHAS, as CABAZAS...
O resto debémolo á fabricación artesanal e industrial.
O vestiario, ás costureiras de 3ºA e 5ºA
 Se queredes ver outro vídeo da saída atoparédelo no blog de 5ºA: IMAXINAESCOLA

2 comentarios:

  1. Foi unha experiencia impresionante froito da colaboración e traballo de toda a comunidade educativa: a profe Isabel creando, dirixindo, coordinando e coma sempre deixándose a pel neste proxecto; o profesorado botamos unha man onde fixo falta; as familias aportaron o material para a construción dos instrumentos e confeccionaron as capas nun tempo record; os nenos e nenas construiron algún dos instrumentos para a actuación e ensaiando.....
    Dende aquí quero dar as grazas á profe Isabel por contar con nós e ás nais que cortaron e coseron, e coseron máis de 60 capas.
    Unha vez máis GRAZAS.

    ResponderEliminar
  2. É o que ten o traballo en equipo...pódese chegar moito máis alá.
    Eu tamén estou moi agradecida con todos os que participaron!!!!

    ResponderEliminar