domingo, 5 de xaneiro de 2014

Rondalla

Este ano os 3ºs e 5ºs cursos decidimos pedir o aguinaldo dun xeito diferente:
TRABALLANDO TODOS XUNTOS, EN EQUIPO...
E montamos unha RONDALLA para saír a pedir o aguinaldo fóra do cole, polo barrio.

Cada un aportou o mellor que tiña para ofrecer.
As titoras formaron parte da rondalla como músicas, coordinaron horarios, cederon horas e recreos para ensaios...

Algunhas familias achegaron materiais para a construción de instrumentos...
Foi convocado un grupo de nais de 3º A e 5º A para montar un obradoiro de costura polas tardes onde se coseron máis de 65 capas!!! Ata reutilizamos a tea (anteriormente empregada como Río Alvedosa no entroido do 2011).

Raquel, que é de 6º veu con nós tocando a gaita. Iván, tamén de 6º acompañounos coa bandeira do cole e un pandeiro para recoller o que nos deran de aguinaldo.
Os 4ºs cursos axudaron na construción dos cristos.

REDONDELA ofreceunos a Don Casto Sampedro e Folgar  hai xa moito tempo, e da súa man chegou ata nós o agasallo de Vilar de Infesta feito melodía: a Marcha Procesional de Vilar de Infesta.

E cada un d@s pequen@s músic@s demostrou que sabe xestionar de maneira autónoma e responsable o tempo, os espazos e o traballo colaborativo, case sempre en horas de recreo.
Souberon diferenciar dende o principio os momentos de distensión e os de máxima concentración, atención e silencio.

O resultado foi o inmenso pracer de compartir a MÚSICA, de experimentar a forza do colectivo dende cada gran de area individual.



Luisa, Lydia, Cris, Alejandra, Uxía, fadas costureiras de 3ºA, familias e colaborador@s divers@s,
rondalleir@s

GRAZAS
GRAZAS
GRAZAS

2 comentarios:

  1. Vendo a esta fermosa Rondalla de Nenos creo que ninguén pode dicir ...¡non á música na escola!.

    ResponderEliminar
  2. Xa, Carlos... O problema é que os que deciden por nós xa dixeron NON. E non somos suficientes os que manifestamos o noso desacordo. Ou non berramos o suficientemente forte para que se nos escoite.
    Moitas grazas polo teu apoio!!!!

    ResponderEliminar