xoves, 6 de febreiro de 2014

Recolleita de coplas populares

Estamos recollendo coplas populares que falen da nosa CONTORNA. Redondela, as súas parroquias, a súa xeografía...
Comezamos coas achegas das familias de 4ºA e 4ºB.
Se algún de vós coñece máis e quere compartilas con nós, podedes facelo a través dos COMENTARIOS.
¡¡¡¡¡Estaremos encantad@s de engadilas!!!!!


11 comentarios:

  1. O carballo das cen pólas
    tén duas bolas ao pé
    correi mozas cprrei mozas
    que o carballo voso é

    ResponderEliminar
  2. Fun a Vijo por ver Canjas
    e ó pasar por Redondela
    namoreime dunha moza
    quedei a vivir con ela ( quedei a bailar, falar... con ela)

    ResponderEliminar
  3. REDONDELA VAI A VILA
    DALLE DE BEBER A QUEN PASA
    DEBAIXO DA FLOR DO VIÑO
    MAIS ARRIBA TEN A PLAZA

    ResponderEliminar
  4. O Gaiteiro de Soutelo
    foi tocar a Redondela
    deixou a gaita no monte
    a muller chora por ela.

    ResponderEliminar
  5. As mozas de Reboreda
    todas dentro dunha leira
    a millor que se presenta
    é a filla de Carballeira.

    ResponderEliminar
  6. Na coral de Reboreda
    voces brancas van poñer
    as que hai son todas tintas
    sonche cousas do beber.

    ResponderEliminar
  7. Por ir ó baile
    á Ramallosa
    por ir ó baile
    perdín a mosa
    perdín a mosa
    perdinme dela
    por ir ó baile
    a Redondela.

    ResponderEliminar
  8. Miña Virxe da Peneda
    funlle un día limpa-la capilla
    i ela díxome do alto
    deus cho pague miña filla.

    ResponderEliminar
  9. O carballo das cen polas
    ten a folla revirada
    que lla revirou o aire
    nunha mañán de xiada.

    ResponderEliminar
  10. Redondela ten bos chocos
    danse na praia de Os Tras
    e o millor patrón do mundo.
    Chámanlle Xan Carallás.

    ResponderEliminar
  11. Prometíchesme unha tunda
    choqueiro de Redondela
    prometíchesme unha tunda
    agora veño a por ela

    ResponderEliminar