Coñecemos a SANDRA, unha moza cantadeira do norte de Galicia que baixou ao sur para gozar da festa e da música de XISTRALIA…
Tamén coñecemos a MEIROL, un caracol que se converteu en pluriinstrumentista coa axuda dos FASTUDOS, que saben tocar de todo….
¡¡¡E COÑECEMOS A TERCO!!!
TERCO é un dragón vermello de dúas cabezas, primo da nosa COCA, que mentres estabamos no auditorio raptou @s nen@s de Xistralia, a Sandra e tamén a COCA!!! O señor TAMBORILEIRO chamou a un amigo seu.
Tivemos que subir ao escenario con Gabriela e Sheila de 4º A e B, e formar parte das tropas danzantes baixo a dirección do CAPITÁN CENTOULO para liberalos.
En realidade, TERCO @s raptara porque se sentía so e quería festa. Claro, como nos pasa a tod@s… Dámoslle as moitas grazas a Ana María García, mestra de música do cole de Chans - Bembrive, que andaba por alí e nos fixo de reporteira gráfica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario