Antonio Vivaldi foi un músico polifacético que naceu en Venecia e tamén viviu en Viena, alá polos anos 1678-1741.
Seica lle gustaba pasear por unha fraga próxima á súa casa, na que podía observar como ía mudando a paisaxe visual e sonora a medida que cambiaban as estacións. Esta é a razón pola que compuxo catro concertos para violín e orquestra, AS CATRO ESTACIÓNS, creando sonoramente o que lle inspiraba cada unha delas.
Así, no movemento Allegro da Primavera, foi describindo musicalmente o que vía nos seus paseos pola fraga.
A peza ten unha introdución que se repite. Primeiro soa forte e logo débil.
Despois presenta o que é o TEMA PRINCIPAL deste movemento, unha especie de retrouso que nesta ocasión tamén aparece repetido, primeiro forte e logo débil:
Hai unha parte na que describe os paxaros que se vai atopando, cos seus cantos e trinos...
Describe tamén os peixiños que nadan río arriba, saltando fóra da auga ás veces...
Aparece tamén unha tormenta de verán, desas que algunha vez o colleron no profundo da fraga.
Logo daquelas tormentas, con tanta auga e sol comezaba a agromar toda a vexetación e a fraga florecía...
Poderedes escoitar esa parte no vídeo que aparece ao final desta publicación.
Ata aparece nun momento o TEMA PRINCIPAL un pouquiño diferente, despois da tormenta...
Se pinchades na seguinte imaxe teredes o musicograma da obra.
E aquí tedes a peza completa
Ningún comentario:
Publicar un comentario