Cantamos, bailamos, aplaudimos...
Foi así:
O nome do grupo é unha homenaxe a unha muller pioneira e valente nun mundo reservado daquela
aos homes: ÁUREA RODRÍGUEZ, gaiteira de Cartelle-Ourense (moi preto de Celanova) e mánager do grupo OS MARABILLAS DE CARTELLE.
Movida pola necesidade ao falecer nai e
pai, non dubida en crear un medio de subsistencia para ela e os seus
irmáns menores: Castor, Felisindo, Manuel, Eliseo y Benigno.
Durante os anos '20 actúan por toda a
xeografía galega. Tal é o éxito que rematan traspasando fronteiras
e actuando en Madrid e en Bos Aires, cidade á que emigran,
probablemente, na década dos '30.
Cómpre saber que a finais do sécuo XIX, o termo
“gaiteira” tiña connotacións negativas, como reflicte un dos
primeiros dicionarios galegos, o de Juan Cuveiro Piñol de 1876.
Gaiteiro: o que toca a gaita. Gaiteira:
muller de vida alegre, “casquivana”.
Que marabilla!!!cantas cousiñas podense aprender mentres estamos na casa, non sobra o tempo para aburrirnos!!!
ResponderEliminarParabéns a Áureas, sodes xeniais!!! e a profe, que ainda en corentena , non para de traballar!!!!! forza pra saír de isto!!!! bicos e apertas xigantes!!!!
Grazas Inés!!!!
ResponderEliminarBicos e apertas xigantes tamén para ti.